Tuesday 14 de May de 2024

Comeza o prazo de solicitude das axudas a entidades sen ánimo de lucro 2016


O prazo para concorrer a estas axudas comeza hoxe e remata o día 14 de novembro de 2016

A corporación municipal en Pleno, en sesión ordinaria de data 28 de setembro de 2016, aprobou as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2016.

As devanditas bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia número 191 do xoves 6 de outubro de 2016 e polo tanto o prazo para concorrer a estas axudas comeza hoxe e remata o día 14 de novembro de 2016.

O formulario de solicitude, así como as bases da convocatoria, poden descargarse da páxina web do Concello (http://www.cambre.org), ou recollerse nos Rexistros Municipais e nas oficinas de Cultura, Deportes e Educación na Barcala.

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á vosa disposición no teléfono 981 61 31 93 (Cultura), 981 61 31 86 (Deportes), 981 61 32 91 (Educación) ou nas dependencias municipais.”